Read A música dos seres vivos by María Reimóndez Online

a-msica-dos-seres-vivos

Todo o mundo semella coñecer a MK, a cantante de moda cunha carreira xa prolongada no tempo, a voz prodixiosa, e a súa excéntrica moza, Gaia. Mais, quen é MK? Que acontece antes de saír ao escenario? Que é o que fica cando as luces esmorecen? Cando remata a última xira? No intre en que pechan os micros das roldas de prensa? Se cadra o silencio é preciso para o reencontro cTodo o mundo semella coñecer a MK, a cantante de moda cunha carreira xa prolongada no tempo, a voz prodixiosa, e a súa excéntrica moza, Gaia. Mais, quen é MK? Que acontece antes de saír ao escenario? Que é o que fica cando as luces esmorecen? Cando remata a última xira? No intre en que pechan os micros das roldas de prensa? Se cadra o silencio é preciso para o reencontro cunha mesma. Se cadra nin a propia música ten sentido sen os espazos dos que non escapa ningún son. É neses hiatos onde MK remexe na súa cerna fanada e recuperada, na ruptura da infancia no Támil Nadu rural, impulsada polos movementos migratorios impostos a unha metrópole que a esnaquizou e a refixo de novo. Entre os sons escachados das ondas rotas, MK compón e conduce os seus pasos cara ao lugar onde o grallar do corvo se transforma na música dos seres vivos. Despois de En vías de extinción, A música dos seres vivos abre o «Ciclo dos elementos», ao que tamén pertence a novela gañadora do Premio Xerais 2014, Dende o conflito, un universo de novelas no que as personaxes aparecidas nas marxes dun relato atopan a centralidade noutro. Neste caso é MK, personaxe secundaria de En vías de extinción, quen deixa soar a súa historia en cada corte do álbum que marca a súa vida. Este ciclo, pensado como un complexo todo que seguirá avanzando en futuras novelas, permitirá acceder a visións cruzadas e compartidas de feitos e persoas que se entretecen. A música dos seres vivos é unha historia de fragmentos que doen ata comprender que hai cousas que fican para sempre rotas, que non poden nin deben repararse ao seu estado anterior. Mais precisamente das súas fendas nace a forza coa que enfrontar o mundo....

Title : A música dos seres vivos
Author :
Rating :
ISBN : 9788499146652
Format Type : Paperback
Number of Pages : 360 Pages
Status : Available For Download
Last checked : 21 Minutes ago!

A música dos seres vivos Reviews

  • Fer
    2019-03-18 01:25

    Gostei imenso do novo de Reimóndez! Tanto como para o devorar em três dias e para me acompanhar numa das minhas noites de insônia leitora. As ferramentas narrativas da autora calham genial com a temática do livro e o final em forma de "convergência" de três períodos da vida da mesma personagem é mui satisfatório para a leitora.

  • Araceli Nao Senlleira
    2019-02-24 02:51

    ''- Iso é unha parvada. O inglés non é idioma común ningún. É un idioma imposto, mesmo aquí, neste chan que pisamos, onde se exterminaron os falantes de gaélico e de scotts ata retrotaelos ás illas e ao norte máis profundo, alá onde só chegan os animais salvaxes- Gaia bota faíscas-. O único lugar polo que se fala inglés en todos os lugares é a colonización, a que foi e a que é. Non hai máis ca iso. O mundo anglosaxón só se interesa no que está deglutido para si, no que xa se fixo adaptado ao seu gusto. Ou ti cres que teñen idea neste país do que se escribe e canta noutras linguas?''